miércoles, 30 de enero de 2008

Componentes de la interactividad

Primero: Control
  • Sitio web de ejemplo: nike
  • http://www.nike.com
  • Comentario: Permite elegir el idioma, activar o desactivar el sonido, detener los vídeos o escoger entre los distintos microsites de la compañía.



Segundo: Feedback
  • Sitio web de ejemplo:Google
  • http://www.google.com
  • Comentario: Responde a las peticiones del usuario, avisándole si no ha habido resultados o si se han encontrado resultados repetidos o muy similares.

Tercero: Productividad
  • Sitio web de ejemplo: Guía Campsa
  • http://www.campsa.com
  • Comentario: Permite configurar rutas de viaje. Tiene secciones dedicadas a los mejores restaurante y también incluye consejos a la hora de emprender un viaje, etc.

Cuarto: Creatividad



Quinto: Adaptabilidad
  • Sitio web de ejemplo: Amazon
  • http://www.amazon.com
  • Comentario: Dependiendo de las compras o consultas que haga cada usuario, establece unos criterios por los que deduce otros productos que también le pueden gustar. Incluso compone ofertas especiales (dos unidades a precio especial o similares).




Sexto: Comunicación
  • Sitio web de ejemplo: Novo Mesoiro
  • http://www.mesoiro.net
  • Comentario: Asociación virtual de vecinos del barrio de Novo Mesoiro. Incluye multitud de foros, organizados por edificios. También ofrece varios blogs, herramienta de Chat y otras herramientas de feedback como votos, medallas, comentarios, etc.

martes, 29 de enero de 2008

A web 2.0 e os novos paradigmas da comunicación.

No primeiro paradigma impartido polo profesor José Luis Orihuela viamos un contraste que está a cambiar a forma en que o mundo se comunica hoxe en día. Así, estudamos como as grandes corporacións de comunicación utilizaron ata agora o termo Broadcast (ou banda ancha) para referirse ás emisións comunicacionais tal e como se entendían até agora. Unha emisora de radio ou televisión emitía desde un punto e o resto dos compoñentes sociais formaban parte dunha audiencia pasiva. Os niveis de audiencia ademais eran cruciais para determinar o éxito ou fracaso dunha emisión, independentemente de se esta era atendida ou comprendida polos televidentes ou radiooíntes.

Hoxe en día as cousas cambiaron. Pasamos do papel pasivo a un papel totalmente activo na forma na que nos comunicamos e recibimos a información. Pasamos de ser oíntes a ser usuarios.

Pero isto non foi da noite para a mañá. Incluso nos primeiros anos de existencia da web, o usuario non deixaba de ser un suxeito relativamente pasivo. Podía elixir que era o que quería ver, que información lle interesaba e cal non era do seu agrado. Podía intervir sobre o que estaba recibindo, pero non podía intervir sobre o que recibían os demais. Hai ben pouco tempo publicar algo na internet esixía amplos coñecementos técnicos, ademais dos recursos precisos (económicos) para ter a túa páxina web, co teu dominio. Había que saber. Saber o que era un dominio, un servizo de hosting, saber html ou css... Isto é o que se deu en chamar web 1.0.

Agora mesmo, a segunda xeración da web xa está aquí. Esa xeración soñada, na que todos podamos ser tratados por igual. Esa xeración que permita interactuar de maneira real co resto do mundo. Estamos no momento da web 2.0.

Pero que é realmente a web 2.0? Empezamos a estar xa un pouco abrumados de oír tantas veces esta palabra sen saber exactamente o que é, que o asimilamos como se tratase dun novo invento de Google ou Microsoft. Nada máis lonxe. A web 2.0 non é unha tecnoloxía, nin unha páxina, nin un novo sistema; tampouco é nada que realmente antes non se puidese facer.

Na web 2.0 estamos a falar dunha actitude, un estilo de comunicación, unha filosofía,... Ata hai ben pouco a web e a sociedade camiñaban de forma paralela, pero en mundos separados. Coa web 2.0 a sociedade está na web e a web é a propia sociedade. Esa sociedade que tanto nos gusta chamar Sociedade do coñecemento.


A web 2.0 é a intervención de todos nós sobre o que os demais queren ver. Agunhas tecnoloxías axudaron a que isto fose posible, sobre todo ata os niveis que estamos a contemplar hoxe. O blogging ou cadernos de bitácora, as plataformas como YouTube e as tecnoloxías como o RSS ou o Podcasting están a converter a web no lugar onde todos estamos, onde todos contamos por igual e onde todos temos algo que dicir.

¿E que acontecerá mañá? Pois a verdade é que resulta pouco previsible. Pero se hai algo do que estamos seguros é de que isto é só o principio.

Benvidos

Esta é a miña primeira entrada no meu novo blog. Non sei moi ben como será isto de facer un caderno de bitácora. As disertaciones dunha trócola son os pensamentos máis íntimos dun trebello que non sabe moi ben se existe ou non existe, se está por estar ou está porque ten que haber de todo, se o propio pensamento é a clave da existencia ou ben a existencia se produce polo propio pensamento.

Aquí e agora daremos solución a todos estes asuntos tan importantes para o correcto desenvolvemento do ser ou o estar humano.

De momento, o plan de traballo de Orihuela semella que será intenso. Xa vos irei contando.